Xornada sobre modelos de xestión na prestación de servizos públicos

En prazo de inscrición 01/10/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro martes, 2 de outubro, unha xornada sobre “Modelos de xestión na prestación de servizos públicos”. O encontro será inaugurado ás 18:00 horas polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra; e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

A xornada pretende analizar os diversos modelos que existen para xestionar servizos públicos, máis aínda ante o reaberto debate sobre a recuperación da xestión de prestacións básicas desde o ámbito público.

Cámara

FINACIAMENTO DO EMPRENDEMENTO

Taller gratuíto para dar a coñecer os mellores sistemas de financiamento empresarial

En prazo de inscrición 12/09/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza do 17 ao 21 de setembro un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial” no viveiro de empresas de Costa Vella, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Cámara eusumo

Axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas

En prazo de inscrición 27/06/2018

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de implantación de solucións innovadoras para os que destinará 150.200 euros, axudas que xorden no marco do programa InnoCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea.

Cámara

PREMIOS PEME

Premios Peme do ano 2018

En prazo de inscrición 16/04/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio da Coruña, xunto co Banco Santander, convocan a segunda edición do premio Peme do Ano co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. O premio conta coa colaboración do diario La Voz de Galicia.

Esta segunda edición do Premio Peme do Ano trae varias novidades. Ademais da Peme do Ano 2018 da Coruña, o xurado concederá tres accésit a outras tantas empresas nas categorías de Internacionalización, Dixitalización e Innovación e Formación e Emprego. A Peme do Ano da Coruña concorrerá ao Premio Peme do Ano 2018 de España, que se fallará no primeiro trimestre de 2019.

Cámara

EMPRENDEMENTO EN INTERNET DAS COUSAS

Programa formativo Internet das cousas e emprendemento

En prazo de inscrición 09/04/2018


Data de inicio: 16 de abril de 2018
Data de fin: 25 de mayo de 2018
Duración: 224 horas
Lugar de realización:
Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago
Polígono de Costa Vella. R/ República Checa nº 40.
15707 Santiago de Compostela.

Horario:
Sesións conxuntas: Luns e xoves en horario de 10.00 a 12.00 horas, excepto o 10 e o 17 de maio que ao ser festivo local un xoves; as sesións conxuntas correspondentes a eses dous días realizaranse o día anterior (mércores) no mesmo horario.
Ademais, na semana do 21 ao 25 de maio o horario será lúns e xoves en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Titorías individuais:

No horario que acorden o alumn@ e o consultor, sempre dentro do horario de apertura do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago (8.00 a 22.00 horas)

Cámara

Compartir: