III FORO DA ECONOMÍA SOCIAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

En prazo de inscrición 01/10/2018

Por terceiro ano consecutivo, e, como apoio e complemento aos Batidos Sinérxicos coa Economía Social que comezaron o pasado mes de xullo, o CERSIA acollerá en Outubro, tamén o segundo xoves de mes 11 de outubro, o III Foro de Económia Social do Concello de Santiago de Compostela "Compostela, territorio da Economía Social"

Economía Social compostela móvese emprender competitividade eusumo

COMPOSTELA MÓVESE

Obradoiro A Economía Social: Fórmulas de emprendemento colectivo

En prazo de inscrición 15/11/2017

O Concello de Santiago organiza xunto coa Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) e a Confederación Empresarial de Sociedades Laborales a nivel de toda España (CONFESAL) este obradoiro de dúas horas de duración no que as persoas participantes poderán analizar as posibilidades da economía social para o seu proxecto de emprendemento.

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas sociedades laborais

COMPOSTELA MÓVESE

II FORO ECONOMÍA SOCIAL INSPIRADORA: EMPRENDEMENTO COOPERATIVO

En prazo de inscrición 06/11/2017

O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo ven a dar continuidade ás I Xornadas de Economía Social e Colaborativa realizadas con gran éxito de público no ano 2016 creando un espazo distintivo no CERSIA Empresa para a reflexión e a formación nas posibilidades da economía social e as novas economías centrada nas persoas como motores de cambio

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas participación

COMPOSTELA MÓVESE

Café coloquio emprendemento "O forno dos Soños"

En prazo de inscrición 23/10/2017

O forno dos soños é un programa de innovación social para o fomento do emprendemento que se desenvolve a través da creación dun entorno colaborativo no que se traballan, a través de diversas xornadas de formación e de traballo en equipo, todas aquelas competencias transversais que son precisas para levar unha idea de negocio á práctica.

Economía Social compostela móvese emprender participación

COMPOSTELA MÓVESE

I FORO DE ECONOMÍA SOCIAL INSPIRADORA. EMPRENDER NA ADVERSIDADE

En prazo de inscrición 21/11/2016

O I Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na adversidade celébrase por primeira vez en Santiago,dado o interese que ten este concello por estimular a promoción económica centrada nas persoas como motores de cambio, e na responsabilidade empresarial como factor clave do emprendemento sostible. Charlas, dinámicas e actividades onde se combinan experiencias reais con dinámicas grupais que axuden a superar a negatividade, afrontar retos e establecer redes de colaboración. Neste foro tamén queremos coñecer e recoñecer o traballo de empresas con valores sostibles, igualitarios e solidarios.

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas participación

COMPOSTELA MÓVESE

A Viaxe: ferramentas para construír acción social colaborativa

En prazo de inscrición 09/09/2016

Cantas veces queremos facer cambios nas nosas comunidade e na nosa contorna? Mellorar as relacións co noso equipo de traballo dentro das organiacións, favorecer o benestar coa nosa veciñanza, aprender a comunicarnos cos/as nosos/as fillos/as, impulsar un modelo educativo máis libre  centrado no desenvolvemento da persoa, activar a miña forma de xerar novas oportunidades laborais...

O programa A Viaxe xorde para portar ferramentas que faciliten que as persoas tomen impulso e comencen novas aventuras e cambios no su contorno personal ou profesional.

Atréveste?

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas participación

Compartir: