MERGÚLLATE NA ECONOMÍA SOCIAL

Xornada de formación "Mergúllate na economía social" para técnicos e orientadores de emprego

En prazo de inscrición 11/05/2018

OBXECTIVOS:
Promover a economía social, os seus valores e as súas principais características entre axentes intermedios que favorecen o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e as ferramentas de apoio existentes.

A xornada está dirixida á rede de técnicos de emprego e os orientadores laborais, para que coñezan en primeira persoa as peculiaridades e potencialidades da Economía Social.
A Secretaría Xeral de Emprego considera imprescindible a asistencia ás devanditas xornadas, co obxectivo de mellorar as capacidades e os coñecementos técnicos dos axentes antes citados en materia de emprendemento e xestión de proxectos de economía social, para lograr, deste xeito, promover e facer chegar modelos empresariais de economía social a toda a comunidade autónoma de Galicia.

23 de maio de 10:00 a 14:00 h. SANTIAGO DE COMPOSTELA, Consellería de Sanidade -Rúa de Ceuta s/n - 15703 Santiago de Compostela

BOLSAS DE XERENCIA EN COOPERATIVAS

Bolsas de xerencia en cooperativas

En prazo de inscrición 13/04/2018

A Unión de Cooperativas Espazocoop convoca 4 bolsas de xerencia en cooperativas destinadas a persoas en desemprego con formación empresarial.
As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.

As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.

ASEMBLEAS E REUNIÓNS

Curso de teleformación mixta "Asembleas e reunións"

En prazo de inscrición 10/04/2018

DATA INICIO: 02/05/18
DATA FIN: 08/06/18
DURACIÓN: 40 horas
HORARIO. As sesións presenciais serán en horario de 17:00 a 21:00 horas
LUGAR CELEBRACIÓN: Curso na modalidade mixta. Para a parte de formación a través de internet. Precísase acceso á ordenador e conexión a internet.

As sesións presenciais desenvolveranse no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, rúa Oporto, 3, Vigo.

RÉXIME INTERNO NAS COOPERATIVAS

Curso de teleformación mixta "Regulamento de réxime interno nas cooperativas"

En prazo de inscrición 10/04/2018

DATA INICIO: 02/05/18
DATA FIN: 01/06/18
DATA INICIO: 02/05/18
DATA FIN: 01/06/18
DURACIÓN: 40 horas
HORARIO. As sesións presenciais serán en horario de 16:00 a 20:00 horas,
LUGAR CELEBRACIÓN: Curso na modalidade mixta. Para a parte de formación a través de internet. Precísase acceso á ordenador e conexión a internet.

As sesións presenciais desenvolveranse na sede da Asociación Unión de Cooperativas AGACA, Rúa Tomiño, 22, soto, Santiago de Compostela

RESPONSABILIDADE SOCIAL NAS COOPERATIVAS

Curso teleformación 'Responsabilidade social empresarial nas cooperativas"

En prazo de inscrición 10/04/2018

DATA INICIO: 24/04/18
DATA FIN; 16/05/18
DURACIÓN: 40 horas
HORARIO: Informarase ao alumnado do horario de atención da persoa titora
LUGAR CELEBRACIÓN: Formación a través de internet. Precísase acceso á ordenador e conexión a internet

Compartir: