O CERSIA acolle o vindeiro 11 de outubro o III Foro de Economía Social

O CERSIA acolle o vindeiro 11 de outubro o III Foro de Economía Social
02/10/2018

Por terceiro ano consecutivo, e, como apoio e complemento aos Batidos Sinérxicos coa Economía Social que comezaron o pasado mes de xullo, o CERSIA acollerá o vindeiro 11 de outubro o III Foro de Economía Social do Concello de Santiago. Na rolda estivo Clara Rodríguez, de 7hCoop, empresa encargada da organización do Foro.

Ler máis

APRENDIZAXE E SERVICIO NA UNIVERSIDADE

Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local

Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local
16/07/2018

A metodoloxía de aprendizaxe-servizo unha proposta educativa innovadora, que combina procesos de aprendizaxe co servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, no que as persoas participantes melloran os seus coñecementos e habilidades ao traballar sobre necesidades reais da súa contorna próxima co obxectivo de mellorar a situación actual. O vindeiro 18 de xullo ás 12 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais terá lugar a presentación do proxecto "Universidade, Sociedade e Desenvolvemento. Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local". O acto é libre e gratuito.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO DE EMPRESAS SOCIAIS

Alicerces para o desenvolmemento de empresas sociais rurais

Alicerces para o desenvolmemento de empresas sociais rurais
12/07/2018

Ad persoas participantes do proxecto RurInno identificaron seis obstáculos e barreiras que se atopan tipicamente no establecemento dunha nova empresa social. O informe que documenta a experiencia, presenta estes seis alicerces e mostra como empresas sociais rurais lograron superar e aínda cumprir con estes obstáculos.

Ler máis

O Concello de Madrid aposta pola reserva de mercado e dá o seu apoio ás empresas de inserción

O Concello de Madrid aposta pola reserva de mercado e dá o seu apoio ás empresas de inserción
11/07/2018

O Concello de Madrid anunciou que quere reservar a determinadas organizacións o dereito para participar nos procedementos de licitación dos contratos de servizos de carácter social, cultural e de saúde, cuxo obxectivo sexa a realización dunha misión de servizo público, cuxos beneficios se reinvistan e cuxas estruturas de dirección ou propiedade da organización baséense na propiedade das persoas empregadas, ou en principios de participación, ou esixan a participación activa destas persoas. As condicións para este procedemento de reserva de mercado están definidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

Ler máis
Compartir: