De interese xeral 2

  • Concello de Santiago de Compostela. Páxina institucional do Concello de Santiago de Compostela na que se pode atopar toda a información institucional, os servizos que ofrece a corporación municipal así como datos culturais e socioeconómicos da cidade e noticias sobre a actualidade municipal.
  • Xunta de Galicia. Toda a información insitucional da Xunta de Galicia está recollida nesta web: organigrama, noticias, documentos, servizos administrativos e organismos autónomos, DOG, guía de comunicación e acceso a portais dependentes da Xunta.
  • Consello Económico e Social. O Consello Económico e Social de Galicia é un órgano consultivo da Xunta de Galicia ccreado para facilitar a participación dos axentes económicos e sociais na política socio-económica. A súa web acolle os informes, memorias e ditames do CES, ademais de recompilar actualizadamente os principais indicadores sociais e económicos de Galicia.
  • Universidade de Santiago de Compostela. A web da USC achega toda a información relacionada con esta institución de ensino superior no tocante á normativa e titulacións, organización docente e departamentos, servizos de apoio á investigación e á docencia, e cursos e congresos. Ten un xornal dixital para dar conta da actualidade universitaria.
  • Fundación Empresa-Universidade Galega Fundación dedicada ao desenvolvemento económico e social de Galicia. As súas actividades están orientadas ao fomento das relaciones empresa-universidade. Os seus obxectivos son contribuír á mellora das capacidades empresariais, aplicar nas empresas os coñecementos e tecnoloxías dispoñíbeis nas universidades, e mellorar a formación e cualificación dos recursos humanos.
  • Axencia Tributaria A páxina da Axencia Tributaria ofrece un completo servizo ao contribuínte para facilitarlle o cumprimento voluntario das obrigas fiscais.

Promoción económica e empresarial

  • Igape Páxina do Instituto Galego de Promoción Económica, organismo dedicado ao fomento do investimento en Galicia e ao apoio da iniciativa privada. Inclúe abondosa información sobre Galicia tanto en termos xeográficos e culturais coma económicos.
  • Dirección Xeral da Política da Peme Presenta na súa web abundante información e publicacións de interese para os emprendedores e para as pemes no eido da creación e da consolidación de empresas. Dispón de diversas ferramentas informáticas interactivas que permiten a autodiagnose empresarial e oferta servizos como o de búsqueda de socios ou acceso a novos mercados.
  • XesGalicia Sociedade xestora de fondos de capital-risco creados pola Consellería de Economía para financiar o desenvolvemento empresarial.
  • BIC Galicia, Centro europeo de empresas e innovación de Galicia. O seu obxectivo é o de promover a creación, preparación e desenvolvemento de empresas independentes e innovadoras. A web conta cun campus virtual para empresarios.
  • Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Organismo dependente da Xunta que coordena actuacións de diversa natureza no medio rural.

Emprendemento

  • Emprender en Galicia Guía virtual da Xunta que axuda a comprender as fases polas que se debe de pasar para constituír unha empresa. Ofrece ferramentas de axuda e informa sobre as subvencións.
  • Unirisco Sociedade de capital de risco da Universidade de Santiago para a creación de empresas. Forma de traballo, investimentos e contacto.
  • Emprendia Sitio dedicado á cultura emprendedora promovido pola Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación da Universidade de Santiago. Contén noticias de actualidade divididas en áreas: crear empresas, I+D, management, economía e formación e emprego.
  • Circe O portal CIRCE ofrece información sobre a creación do recente tipo social denominado Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), e sobre a súa tramitación. Ademais, os interesados poden empregar varios simuladores e ferramentas de autodiagnose empresarial.

Emprego

  • Consellería de Traballo e Benestar.Organismo da Xunta de Galicia encargado de aplicar as politicas relacionadas co emprego e relacións laborais e o benestar social.
  • Ministerio de Traballo e Inmigración.Organismo do goberno central encargado de aplicar as politicas relacionadas co emprego e relacións laborais e a inmigración.
  • Rede Traballa. Servizo Público de Emprego Estatal. Portal de ofertas e demandas de emprego
  • Asociación Plataforma polo Emprego. Plataforma aberta de asociacións e entidades, coa idea de debater e propoñer iniciativas en torno ao emprego, dirixidas sobre todo aos colectivos sociais máis desfavorecidos.

I+D.Tecnoloxía e calidade

  • CORDIS. CORDIS confórmase como o servizo de información da Unión Europea na área de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. A páxina provee información sobre as distintas convocatorias de axuda dentro do Programa Marco de I+D, os seus procedementos, exemplos, estudios de caso e abundante bibliografía sobre temas de innovación tecnolóxica.
  • Retgalia Rede de Centros Tecnolóxicos de Galiza. Xurde dun convenio de colaboración entre a consellería´de Innovación, Industria e Comercio e os centros tecnolóxicos de Galiza.
  • Instituto Tecnolóxico de Galicia É unha fundación privada sen ánimo de lucro integrada por diversos colexios profesionais de Galicia, na que tamén forman parte do patronato as universidades galegas e a Xunta de Galicia. Contribúe á mellora da competitividade e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas galegas fomentando a través da súa web a participación das PYMEs en programas de I+D+I.
  • Tecnopole. Parque Tecnolóxico de Galicia É unha iniciativa da Xunta de Galicia para o fomento do I+D+I e o apoio a creación de novos proxectos empresariais.
  • Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial O Centro de Desarrollo Tecnolóxico Industrial é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que ten como obxectivo contribuir á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas. O CDTI oferta financiación, sobre todo préstamos a tipo de interes cero e un prazo amplo de amortización, en diferentes modalidades.
  • Observatorio de Innovación Esta páxina promovida pola Consellería de Innovación e Industria ofrece unha interesante posta ao día sobre todo o relativo a actividades de I+D+I, vixiancia, xestión de proxectos, transferencia de tecnoloxía ou axudas e incentivos á innovación.
  • ONTSI. Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Para conseguir o obxectivo de contribuir á aplicación práctica das TIC e fomentar a integración de iniciativas e axentes, ONTSI realiza unha análise e seguimento que se reflicte na súa web, que facilita servizos de información nas súas diversas seccións: estatísticas, informes sobre a situación e evolución da implantación das novas tecnoloxías, indicadores de mercado das TIC, etc.
  • Fundación Calidade A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivos promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas.
  • Observatorio de Calidade O Observatorio da calidade de Galicia incorpora servizos no terreo da divulgación da calidade a través de noticias, foros, axudas e ligazóns de interese. Informa sobre contidos e tendencias dando resposta ás cuestións máis frecuentes, con informes técnicos específicos, actualiza directorios de empresas certificadas e de servicios, e achega unha rigorosa plataforma para o coñecemento da realidade galega en materia de certificación.

Cooperación transfronteiriza

  • Comunidade de Traballo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal Localizada no Noroeste da Península Ibérica, a Eurorrexión formada por Galicia e o Norte de Portugal configúrase actualmente como un espacio de forte relacionamento social, económico e cultural, pleno de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro.
  • Eixo Atlántico O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteriza integrada polas dezaoito principais cidades do Norte de Portugal e Galicia. A finalidade principal do Eixo Altántico é o desenvolvemento económico, social, cultural, tecnolóxico e científico das cidades e rexións que o conforman, así como promover a cohesión en todos os aspectos socioeconómicos e culturais mediante a vertebración dun territorio común.
  • Fundación Galicia Europa Fundación creada para promover todas aquelas accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. A web informa das súas actividades, bolsas e cursos, e achega numerosas ligazóns de interese.

Asociacións empresariais


Asociacións empresariais compostelás

.

Comercio e Turismo

  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Organigrama, servizos e novas que ofrece o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Dirección Xeral de Comercio. Páxina da Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
  • Consellería de Cultura e Turismo. Páxina da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
  • Secretaría Xeral para o Turismo. Páxina deste organismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
  • li]Turgalicia. Entidade encargada da promoción turística de Galicia.
  • Xacobeo. Entidade encargada da promoción do Ano Santo e do Camiño de Santiago.
  • Turismo de Santiago de Compostela. Web oficial de Turismo de Santiago, cunha completa informacion sobre a cidade: que ver, que facer; con datos como o tempo, unha central de reservas e Estela, unha informadora turística virtual. Dispoñible en galego, español, inglés, portugués, francés, alemán e italiano.

Asociacións de comerciantes de Santiago de Compostela


Información económica xeral

  • INJEF. A misión central deste sitio web é achegar de forma amena, útil e gratuíta contidos informativos de actualidade xurídica, económica e fiscal, e favorecer o intercambio de información, experiencias e ideas.
  • Informercados Web de información e análise bolsista dirixida a inversores independentes. Inclúe gráficos, recomendacións, librería financeira, análise fundamental e foro sobre a bolsa.
Compartir: