Santiago Investors Support 2012

Para o deseño das actividades que se integran nesta programación do Santiago Investors Suppor, entrevistáronse e recolleronse propostas das seguintes entidades empresariais:

A proposta de actividades así realizada tamén foi presentada na Oficina de Promoción Económica da Deputación da Coruña e está prevista unha reunión con BIC Galicia entidade colaboradora da Oficina de Promoción Económica en anos anteriores nas súas labores de promoción do emprendemento.

Un obxectivo do Santiago Investors Support é tamén a construcción dunha axenda unica de actividades dirixidas aos distintos colectivos empresariais da cidade que teñan como referencia as instalacións do CERSIA Empresa.

Enmárcanse dentro do Programa de actividades “Santiago Investors Support” as seguintes actividades:

1) Xornada O Camiño do Emprendedor

O obxectivo é poñer en contacto aos emprendedores da área de Compostela cos diferentes recursos e mecanismos que ofrece a cidade, tanto de natureza formativa como financeira, empresarial, de cooperación, etc, como a súa vez a captación de usuarios para os distintos programas de fomento do autoemprego que se levan a cabo desde a Oficina de Promoción Económica.

Para a financiación desta actividade solicitaráse a pertinente axuda ao abeiro da convocatoria da Deputación da Coruña.

2)  Programa de formación, dinamización e información para persoas emprendedoras, traballadores en activo e empresariado local. “¿Preparados para competir?”

A través destas actividades búscase achegar ao público emprendedor iniciativas e coñecementos interesantes a través da realización de actividades formativas, charlas informativas, obradoiros de maduración de proxectos e encontros empresariais.

A programación, de carácter anual, estrutúrase cada mes en torno a unha temática relacionada con competencias profesionais necesarias no mundo da empresa.

Conta coa seguinte programación:

MARZO: PREPARADOS PARA COMPETIR?

  • Seminario de lanzamento do programa “Preparados para competir?” seminario dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo. De dúas horas de duración estas actividades combinan a formación co fomento das relacións profesionais entre as persoas asistentes.
  • Obradoiros de xestión de  reputación online para hotelería. Que opinan dos hoteis de Santiago en Internet?. Este elemento é clave como prescriptor do turismo. Propoñemos unha acción formativa práctica de análise, xestión e formación en reputación online para hotelería

ABRIL: NEGOCIACIÓN

  • Plan de formación en competencias: actividade formativa presencial. Consiste en 12 horas de formación cada mes en torno á temática escollida con grupos e horarios deiferenciados para  persoas emprendedoras, empresarios e traballadores en activo e estudantado.  Cada un dos tres grupos recibe 12 horas de formación repartidas en 3 sesións de 4 horas. Cada sesión incorpora ademáis unha actividade de networking entre os asistentes  co slogan ¿Un café? Porqué non!
  • Pildoras de coñecemento: “Negociación frente a frente” seminario dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo. De dúas horas de duración estas actividades combinan a formación co fomento das relacións profesionais entre as persoas asistentes.

MAIO: CREATIVIDADE

  • Plan de formación en competencias: Consiste en 12 horas de formación cada mes en torno á temática escollida con grupos e horarios deiferenciados para  persoas emprendedoras, empresarios e traballadores en activo e estudantado.  Cada un dos tres grupos recibe 12 horas de formación repartidas en 3 sesións de 4 horas. Cada sesión incorpora ademáis unha actividade de networking entre os asistentes  co slogan ¿Un café? Porqué non!
  • Pildoras de coñecemento: “Laboratorio de enxeño” seminario dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo. De dúas horas de duración estas actividades combinan a formación co fomento das relacións profesionais entre as persoas asistentes.

XUÑO: COMERCIALIZACIÓN

  • Plan de formación en competencias: Consiste en 12 horas de formación cada mes en torno á temática escollida con grupos e horarios deiferenciados para  persoas emprendedoras, empresarios e traballadores en activo e estudantado.  Cada un dos tres grupos recibe 12 horas de formación repartidas en 3 sesións de 4 horas. Cada sesión incorpora ademáis unha actividade de networking entre os asistentes  co slogan ¿Un café? Porqué non!
  • Seminario O deseño na Empresa, dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo. De seis horas de duración esta actividades combina a formación co fomento das relacións profesionais entre as persoas asistentes.

XULLO: INVESTIGACIÓN DE MERCADOS

  • Plan de formación en competencias: Consiste en 12 horas de formación cada mes en torno á temática escollida con grupos e horarios deiferenciados para  persoas emprendedoras, empresarios e traballadores en activo e estudantado.  Cada un dos tres grupos recibe 12 horas de formación repartidas en 3 sesións de 4 horas. Cada sesión incorpora ademáis unha actividade de networking entre os asistentes  co slogan ¿Un café? Porqué non!
  • Pildoras de coñecemento: “De verdade coñeces á tua clientela?” seminario dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo. De dúas horas de duración estas actividades combinan a formación co fomento das relacións profesionais entre as persoas asistentes.

AGOSTO: RESPONSABILIDADE SOCIAL

  • Plan de formación en competencias: Consiste en 12 horas de formación cada mes en torno á temática escollida con grupos e horarios deiferenciados para  persoas emprendedoras, empresarios e traballadores en activo e estudantado.  Cada un dos tres grupos recibe 12 horas de formación repartidas en 3 sesións de 4 horas. Cada sesión incorpora ademáis unha actividade de networking entre os asistentes  co slogan ¿Un café? Porqué non!
  • Pildoras de coñecemento: “Responsabilidade social na PEME” seminario dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo. De dúas horas de duración estas actividades combinan a formación co fomento das relacións profesionais entre as persoas asistentes.

SETEMBRO: ESTRATEXIA E XESTIÓN DO TEMPO

  • Plan de formación en competencias: Consiste en 12 horas de formación cada mes en torno á temática escollida con grupos e horarios deiferenciados para  persoas emprendedoras, empresarios e traballadores en activo e estudantado.  Cada un dos tres grupos recibe 12 horas de formación repartidas en 3 sesións de 4 horas. Cada sesión incorpora ademáis unha actividade de networking entre os asistentes  co slogan ¿Un café? Porqué non!

OUTUBRO: COMUNICACIÓN

  • Seminarios de posicionamento SEO para comercio, hostelería e industria en xeral. IMPACTIC: seminarios dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo de cada un dos sectores sinalados. De un día de duración,  estes seminarios queren ofrecerlle aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos comunicacionais e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Dase resposta ao que máis preocupa aos propietarios de pequenas empresas como comercios, aloxamentos turísticos, ...¿Cómo vender en Internet? ¿Estouno facendo ben?

NOVEMBRO: SELECCIÓN E LIDERADO

  • Plan de formación en competencias: Consiste en 12 horas de formación cada mes en torno á temática escollida con grupos e horarios deiferenciados para  persoas emprendedoras, empresarios e traballadores en activo e estudantado.  Cada un dos tres grupos recibe 12 horas de formación repartidas en 3 sesións de 4 horas. Cada sesión incorpora ademáis unha actividade de networking entre os asistentes  co slogan ¿Un café? Porqué non!

DECEMBRO: MERCADOTECNIA EMOCIONAL

  • Pildoras de coñecemento: “Dime como te sintes e direiche como compras” seminario dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo. De dúas horas de duración estas actividades combinan a formación co fomento das relacións profesionais entre as persoas asistentes.

O plan de formación en competencias profesionais supón a creación de 540 prazas formativas. Os seminarios profesionais supón unha oferta de 120 prazas e nas actividades de píldoras de coñecemento estímase a participación de 300 persoas.

3) Encontros comerciais

A través destas actividades búscase mellorar o grao de coñecemento do empresariado local, reforzando os lazos comerciais entre empresas do Concello ao mesmo tempo que se amplían os seus contactos de negocios con empresas foráneas.

Plantéxase a celebración de dous encontros comerciais, un no mes de xuño baixo a marca Getting Contacts e outro no mes de novembro  co eslogan “Pola mellora da competitividade na empresa".

4) Plan de formación continua

Durante o ano 2011 realizouse como primeira actividade do Santiago Investors Support un plan de formación continua que combinaba accións de teleformación con actividades presenciais.
Para a definición das actividades de interese do Plan de Formación Continua, tivéronse especialmente en conta as necesidades plantexadas polas distintas entidades empresariais entrevistadas.

O Plan de Formación Continua realizarase nos meses de outubro e novembro. Antes do seu lanzamento a proposta formativa que se explica a continuación será novamente revisada en función da axuda concedida pola Deputación da Coruña, pero tamén para testar a vixencia da necesidade dos cursos que se relacionan coas entidades empresariais que participan no deseño deste plan.

Unha vez revisada, a programación definitiva será novamente aprobada en Xunta de Goberno Local.

A previsión realizada de actividades formativas comprende a realización dos seguintes cursos:

Presenciais

  • Manipulador de alimentos
  • Photoshop
  • Xestion de cobros
  • Xestion de tesoreria
  • Extincion de incendios
  • Traballos en altura
  • Escola de vendas
  • Protección de datos
  • Manipulación de alimentos e presentación: productos cárnicos
  • Manipulación de alimentos e presentación: peixería

Teleformación

  • Plan de igualdade na empresa
  • Selección de persoal baseada na xestión por competencias
  • As TIC: Firma e Factura electrónica
  • Comercialización de eventos
  • Etiquetado de Alimentos
  • Residuos novas alternativas
  • Xestión medioambiental ISO 14001 e RegulamentoEMAS
  • Queixas e reclamacións: Consumo e arbitraxe.
  • Xestión de PEMES Básico
5) Equipamento informático do Edificio CERSIA Empresa

A posta en funcionamento do CERSIA Empresa, así como a necesidade de prestar no mesmo servizos inicialmente non contemplados ten posto de manifesto unha serie de deficiencias no equipamento informático do edificio que sería preciso susbsanar de cara á correcta execución desta planificación de actividades.

De cara a subsanar estas deficiencias e dado que a convocatoria de axudas da Deputación de Coruña permite a execución de investimento proponse a solicitude de axudas para os seguintes equipamentos:
  • Instalación e cableado dos cubículos para garantir acceso de voz e datos.
  • Compra de 8 equipos informáticos con impresora para a súa instalación nas dúas aulas, equipamento dos cubículos e completar os postos de traballo dos técnicos do Santiago Investors Support.

6) Materiais e recursos do servizo de apoio ao emprendemento  e campaña de promoción do programa

O programa debe ser presentado e promocionado como un todo, con independencia das actividades de promoción e presentación que cada unha das súas iniciativas poida requerir adicionalmente.

De cara a chegar ó máximo público posible, compre facer unha serie de presentacións en distintas institucións e foros: facultades, centros de formación profesional, asociacións profesionais...

Con independencia destas presentacións, procederase ó envío de dipticos, carteis do programa  e outro material informativo a toda a rede de contactos institucionais da Oficina.
Adicionalmente remitirase carta informativa e díptico a todos os usuarios rexistrados do Servizo de Apoio á Empresa.

Os eventos máis importantes do calendario implicarán tamén a realización de campañas publicitarias en prensa e radio para a captación de participantes.

7) Materiais e recursos do servizo de apoio ao emprendemento

Tamén se reserva un apartado de orzamento adicado a cubrir outros gastos da posta en marcha e funcionamento deste programa de actividades tales como sinaléctica e cartelería, materiais de oficina a consumir na realización de actividades, tarxetería, mantemento dos equipos de reprografía asociacidos ao programa, posibles viaxes do persoal traballador do mesmo así como gastos imprevistos que no desenvolvemento do mesmo puideran xurdir.

Documentos relacionados

Compartir: