MELLORAR E MEDRAR EN URBANA SANTIAGO NORTE

Este  programa de actividades está dirixidos ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás  persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.

Se es unha persoa emprendedora ou formas parte do tecido empresarial do territorio de Urbana Santiago Norte (formado polos barrios de Vista Alegre, Romaño, Vite, Gaudalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios)

Se queres mellorar a xestión do teu negocio, a túa formación, ou participar nun foro de encontro de experiencias empresariais; participa no programa de actividades "Mellorar e medrar en Urbana Santiago Norte" que se porá en marcha nos vindeiros meses de outubro e novembro dende a Concellaría de Economía. 

Características

O programa componse das seguintes accións:

  • Servizo de apoio á empresa a domicilio; inscríbete no Servizo de Apoio á Empresa e solitida unha das 40 avaliacións dipoñibles do teu modelo de negocio. Con titorías personalizadas e especializadas da man de profesionais de cada ámbito constiruirás un plan de mellora do teu negocio práctico e realista.
  • Seminarios, conferencias e encontros: para mellorar a túa formación en distintos ámbitos relacionados coa xestión do teu negocio e as túas habilidades como empresario/a realizaranse distintas accións. Consulta as bases completas das actividades nesta mesma web
  • Convocatorias de axudas públicas:  30.000 euros para o programa de axudas para a reforma de locais de negocio e  incorporación de maquinaria e equipos para a implantación de tecnoloxías da información e a comunicación (TICS) e 35.000 euros para o programa de axudas para a creación de novas empresas ou a posta en marcha de novas liñas de negocio  e ferramentas de xestión empresarial. Consulta o díptico informativo e as bases das convocatorias nesta mesma web. Ambas convocatorías teñen como data de remate do prazo de presentación de solicitudes o 15 de outubro de 2014.

Xa te podes inscribir nos primeiros seminarios de capacitación da Aula de Maduración Empresarial!

Os seminarios programados son os seguintes:


1.      Trámites administrativos da empresa: 6 de outubro de 2014

2.      Rexímenes societarios para empresas: 7 de outubro de 2014

3.      Responsabilidade funcional: 8 de outubro de 2014

4.      A túa idea de empresa: 9 de outubro de 2014

5.      O teu producto/ servizo: 10 de outubro de 2014

6.      O teu mercado e a túa competencia: 13 de outubro de 2014

7.      As túas necesidades loxísticas: 14 de outubro de 2014

8.      Os valores humanos na empresa: 15 de outubro de 2014

9.      Sistemas tecnolóxicos: 16 de outubro de 2014

10.  Finanzas para non financeiros: 17 de outubro de 2014

11.  Fiscalidade para non facendistas: 20 de outubro de 2014

12.  O teu plan de marketing: 21 de outubro de 2014

13.  Comercialización e vendas: 22 de outubro de 2014

14.  Aceso a fontes de financiamento: 23 de outubro de 2014

15.  A comunicación e a promoción: 24 de outubro de 2014

Dirixido a: Estes seminarios está dirixidos ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás  persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.
Requisitos:

Para asistir aos seminarios é preciso cumplimentar a inscrición aos mesmos a través desta mesma web. Realizarase unha inscrición por cada seminario ao que se desexe asistir:


Custe:

A actividade é de balde.


Notas para a cidadanía:

Os seminarios impartiranse no Centro Sociocultural de Vite, Aula 11 en horario de 10:00h a 14:00h

 

A realización da inscrición implica a aceptación das presentes bases

O Concello de Santiago reservase o dereito a modificar por necesidades do servizo e para un mellor funcionamento do programa as datas concretas de realización das citadas actividades, circunstancia que sera comunicada ás persoas participantes.

Máis información e inscricións aquí





Compartir: