COMPOSTELA MÓVESE 2015

A liña de actividades do Compostela Móvese está destinada á dinamización económica, buscando un modelo de desenvolvemento multisector e policéntrico, que contribúa á democratización real do acceso ao emprendemento e á mellora e desenvolvemento do tecido socioeconómico de Compostela.

Este programa contempla para este ano 2015 dende actividades de formación a domicilio adaptadas á realidade de cada empresa a unha ampla gama de obradoiros, sobre temas coma a creatividade, a estratexia empresarial, o liderado, a marca persoal, etc. Tamén se impartirá formación en competencias emprendedoras, por barrios e no rural. Outros eidos nos que se traballará serán a economía colaborativa, os mercados de proximidade. Esta liña conta cun orzamento de 140.000 euros.

Accións do "Compostela Móvese":

Conferencia "Vende... sen vender".


O vindeiro 6 de outubro as 9:00h e no marco das actividades do programa "Compostela Móvese" terá lugar na sede da Asociación Área Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1
Polígono Industrial del Tambre - Santiago de Compostela Tlf. 981 55 28 50) a conferencia "Vende... sen vender" a cargo de Felipe García Rey na que teremos oportunidade de achegarnos as claves da venda empresarial na actualidade.

Felipe García Rey repasará coas persoas asistentes os seguintes puntos clave en relación aos procedementos de venda empresarial:

  • ¿Que é vender?
  • ¿Que vende HOXE?
  • ¿Cales son os alicerces da venda?
  • ¿Como inflúe a intelixencia emocional nas vendas?
  • A crise, ¿en que me afecta?
  • ¿Como actualizar o teu modo de venda?


Unha imaxe e mil verbas, Seminario de Comunicación e Fotografía

Seminario de 7 horas de duración que se celebrará o día 7 de outubro no Centro de Coworking Gaias (CEM) no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.

DATOS DO CURSO

  • Datas: 7 de outubroo
  • Horario:  10:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30.
  • Nº Horas: 7 horas
  • Modalidade: presencial
  • Temática: comunicación e fotografía

Proxecto piloto: Grupo de Traballo Creativo 

O obxectivo deste grupo é xerar dinámicas de aprendizaxe compartido, no que as persoas seleccionadas en función da información achegada polas mesmas no cuestionario de inscrición habilitado a tal efecto, colaboren e establezan sinerxías que leven á creación conxunta de proxectos creativos e innovadores, así como a madurar os propios proxectos empresariais e individuais.

 

Xaque Mate! seminario de estratexia e xadrez

Seminario de 7 horas de duración que se celebrará o día 14 de outubro no Centro de Coworking Gaias (CEM) no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago. DATOS DO CURSO

  • Datas: 14 de outubro
  • Horario:  10:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30.
  • Nº Horas: 7 horas
  • Modalidade: presencial
  • Temática: Estratexia empresarial

Documentos relacionados



Compartir: