Catálogo de Empresas de Economía Social de Compostela

A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidad e Saúde do Concello de Santiago, no ámbito das súas competencias, ten entre os seus obxectivos realizar unha labora de fomento e apoio deste tipo de entidades. Non obstante, calquera actuación precisa primeiramente dun coñecmeento profundo do mesmo, polo que esta diagnose resposde á necesidade de coñecemento da economía social que se desenvolve no concello, para a súa posterior dinamización.

Esta diagnose sobre a Economía Social en Santiago de Compostela será polo tanto unha radiografía da situación das empresas e entidades deste tipo presentes no concello, que cuantifique e caracterixe este tipo de entidades e que sirva, por unha banda, de base para o deseño de accións encamiñadas ao seu fomento e dinamización e, por outro lado, para dar visibiildade ás accións, proxectos e valores das entidades que operan na ctualidade no concello.

Cabe destacar que esta diagnose está formada por unha mostra representativo de 61 entidades que accederon a facilitar os datos para aparecer neste catálogo.

Se es unha entidade de economía social e gustaríache aparecer incluída na actualización deste documento que se realizará en setembro de 2017 podes cumplimentar este formulario.

Para calquera dúbida ou pregunta sobre o catálogo podes contactarnos por correo electrónico escribindo a cersia@santiagodecompostela.gal



Compartir:
Economía Social compostela móvese emprender cooperativas sociedades laborais