Co obxectivo de fortalecer o sector, para facelo máis dinámico e competitivo, deseñouse o Plan Estratéxico do Comercio Compostelán. Este plan recolle as políticas de comercio que a Concellaría de Promoción Económica e Comercio aplicará ata o 30 de xullo de 2010, data de remate da súa vixencia. O seu orzamento é de 187.500 euros, cofinanciados nun 80% pola Deputación de A Coruña (150.000 euros) e nun 20%, polo Concello de Santiago (37.500 euros).

As liñas de actuación contempladas no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán teñen en conta a actual situación do comercio en Santiago. Adáptanse ás necesidades actuais do sector, detectadas pola Concellaría de Promoción Económica co Plan de Asesoramento ao Comercio. Recolle ademais, a experiencia e información que a execución do Plan de Excelencia Comercial, desenvolvido en 2007, aportou ao Servizo de Apoio á Empresa.

O Plan Estratéxico do Comercio Compostelán é, na práctica, a segunda parte do Plan de Excelencia Comercial. Contempla a realización de estudos e a implementación de estratexias adaptadas aos novos retos de modernidade e innovación que precisa o sector para fortalecelo e facelo máis dinámico e competitivo. Establécense tres liñas de traballo, coa finalidade de dotar aos estabelecementos participantes nos distintos programas e ao sector, das ferramentas necesarias para afrontar a actual coxuntura económica. Estas liñas son:

Plan de mellora dos comercios en activo

Plan de promoción e dinamización

Observatorio comercial



Compartir: